Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/08/09

En papel hixiénico


Nestes tempos nos que se comeza a falar de libros noutros soportes diferentes ao papel, lemos que o escritor xaponés Koji Suzuki escribiu a súa última novela -que se está a converter nun best-seller- en papel hixiénico. Esta obra chámase Drop ("pinga") e narra unha historia de terror psicolóxico que transcorre entre as catros paredes dun baño nipón, e dura exactamente 88 cm de papel, polo que en cada rollo repítese 34 veces; véndese en 210 iens (1,6€).
No seu país, só nun mes, vendéronse 80000 exemplares; iso si, véndese nas seccións de produtos para o fogar ademais de nas librarías.
Isto foi un acordo entre o autor e Hayashi Paper, xa que o primeiro cre que o baño é un lugar húmido, escuro e porco que inspira terror (???). Eu nunca leo no baño, polo que dubido que me sirva como lectura para tal lugar, que para min non ten ningunha desas caracterísitcas. Será que en Xapón os cuartos de baño son diferentes?

Vía

2 comentarios:

Anónimo dixo...

que queres que che diga? eu non o penso comprar!

Susana dixo...

Nunca valeu tanto un rollo de papel hixiénico...
Se o ve miña avoa dalle unha volta!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.