Nun antigo programa da televisión colombiana, "a banda francotiradores", con data de decembro do 2007, os telespectadores puideron conmoverse con esta historia: uns nenos e nenas campesiños, de baixos recursos, deben arriscar a súa vida cada día para ir á escola. Son "Os nenos do cable".
Hoxe, último día de agosto, seméllanos apropiado lembrarvos a sorte que tedes de comezarmos axiña nesta vida tan doce.
Vía O recanto de Mik
Un amigo mandoume estoutra foto dun cole de Fez en Marrocos. Vedes tamén a diferenza coas nosas; iso si, a foto dun déspota preside a miseria.
1 comentario:
Sobrecolledor, isto encolle o corazón a calquera. Aquí estamos coas galiñas azuis as voltas.
Publicar un comentario