Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/08/09

La ternura de los lobos

Encantoume. Novamente, a miña intuición acertou!

La ternura de los lobos de Stef Penny lévanos de viaxe ao norte de Canadá a mediados do século XIX, e visitaremos, coñeceremos máis ben, uns personaxes duros, inadaptados, illados.
O libro lévanos ata varias vidas que se cruzan arredor dun nexo común: un asasinato. Pero isto non significa que esta novela sexa un thriller, senón que este é o punto de partida para levarnos da man dunha inhóspitas terras onde todo o mundo semella agochar algo: cambios continuos de acción e personaxes, sorpresas, acontecementos inesperados, sentimentos curiosos... manteñen un interese que medra a medida que avanzamos na lectura, alimentada por diferentes frontes narrativas e dúas voces diferentes. Unha novela atemporal, en pleno sentido da palabra: porque a busca do afecto, do sentido da vida, dun mesmo, non é propio de ningunha época nin de ningún lugar. Coma o Amor.

El silencio está cargado de aromas penetrantes.
Se considera una mujer que ha viajado mucho, pero de cada sitio se ha llevado de recuerdo un prejuicio.
De modo que es eso, la necesidad mutua es lo que hace que la gente colabore, no la solidaridad, la caridad ni ninguna de esas ideas sentimentales.
El sonido es ineludible: tenue pero insistente, como la voz de la conciencia.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.