Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/08/09

Mestres

Se algo pretendo na miña profesión é que o alumnado me lembre por tentar ensinar valores, cousas que aparentemente son inútiles pero que agardo no futuro lle vallan máis que saber escribir "avogado". O que non sei é se o lograrei.
Pois ben, atopei este vídeo gravado durante un ano que segue o traballo do mestre Toshiro Kanamori. Un ano na escola pública infantil Minami Kodatsuno, na cidade de Kanazawa en Xapón. Dá leccións de vida, algo que non debemos esquecer co paso dos anos. O vídeo amosa a importancia da educación. O mestre conxuga a aprendizaxe e a diversión, facendo que o alumnado se aplique na arte de vivir.
Envexa que me dá.







Vía

1 comentario:

Montse dixo...

Parte de este documental, tan emotivo, lo pasamos durante la reunión de familias del inicio de curso de hace dos años. Tuvimos la sensación de que los padres y las madres disfrutaron viéndolo y ademas... sintieron y pensaron.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.