Unha nena ve un mozo pintando e pídelle que lle ensine a debuxar para ter unha familia unida, xa que os seus pais están a piques de divorciarse. O pintor está de paso e non pode darlle clases, pero como unha imaxe vale máis ca mil palabras, ao día seguinte tráelle as mil palabras que en realidade é unha imaxe: o debuxo da súa familia que ela mesma rachou.
Cando pasa o tempo, a nena, que xa medrou, volve a toparse co pintor. Non conseguiu evitar que os pais se separaran, pero estalle agradecida igualmente: fíxose debuxante. Nun cartaz escribiu mil palabras para darlle as grazas.
1000 W0RDS by *yuumei on deviantART
Vía No sólo libros
Sen comentarios
Publicar un comentario