Manuel Bragado hoxe no Faro de Vigo:
O conselleiro de Educación preferiu agardar nun despacho de San Caetano a que fose Anxo Lorenzo, o Secretario Xeral de Política Lingüística, quen o pasado venres desvelase aos xornalistas os datos proporcionados polas familias que contestaron á enquisa coa que remata a primeira fase da “estratexia Vázquez” de modificación da política lingüística no eido educativo non universitario.
Tras un proceso realizado co curso rematando, sen posibilidade de debater alternativas nas comunidades educativas nin de introducir garantías e controis externos, empregando unha enquisa sesgada e tecnicamente mal confeccionada (u-las chamadas áreas ou materias “troncais” nos deseños curriculares polas que se preguntaba ás familias), cun fracaso importante de participación na Secundaria (aliviado só pola mobilización dos centros privados e concertados), con escasa fiabilidade demoscópica e politicamente “non vinculante”, os datos proporcionados por Lorenzo amosan que a maioría das familias que responderon á enquisa prefire a utilización na escola das dúas linguas cooficiais, ao tempo que hai un importante sector que non lle ve utilidade educativa á lingua propia do seu país (así está recoñecida no noso Estatuto de Autonomía) e aposta por un ensino monolingüe en castelán.
Conclusións ambas as dúas previsibles que, sen dúbida, avalarían a decisión de Núñez Feijóo de modificar á baixa o actual decreto de fomento do galego no ensino, que desenvolve o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística de 2004 forxado durante o derradeiro goberno Fraga. Os datos desta enquisa, a pesar de ser escasamente novidosos, non serían en absoluto inocentes na “estratexia Vázquez” xa que servirían para argumentar que “as familias queren menos ensino en galego do que actualmente teñen”. Velaí un camiño seguro a percorrer na redacción do novo decreto de galego. Velaí a tan coñecida estratexia da profecía cumprida.
Porén, non nos enganmos, esta estratexia de Feijóo e Vázquez de rebaixar o ensino en galego (baixo unha fórmula que prometen consensuar) non vai ser do completo agrado dos sectores galegófobos (que fachendean de ser eles os que lle proporcionaron a Feijóo eses poucos milleiros de votos que o fixeron presidente), xa que abeirados no argumento da “liberdade das familias para elixir o idioma de escolarización dos seus fillos” continuarán teimando en conseguir un modelo de segregación lingüística, onde existan centros ou clases que impartan un ensino monolingüe en castelán, iso si, presentado en termos publicitarios como plurilingüe, grazas a esoutra falacia pedagóxica do ensino en inglés de determinadas materias, recollida polos partidos políticos como parte da mercadotecnia electoral.
Para estas posicións monolingües en castelán, o galego sería un idioma inútil ou molesto para estudar as áreas de Coñecemento do Medio ou de Matemáticas na Educación Primaria, porén, o inglés sería o preferido por eles para estudar “Science” (como xa sucede “a nivel experimental” nos custosos “centros bilingües” privados da Comunidade de Madrid), a pesar de que a maior parte do profesorado destas áreas (impartidas polos titores) sexa incapaz de utilizar o inglés como idioma vehicular nunha aula. No obstante, isto non é obstáculo ningún para eles, xa que o inglés en termos de política educativa é en España (tanto para o PP como PSOE) unha marca (como a da informática) que vende “modernidade” e “éxito” escolar, connotacións das que carece, pola contra, o galego, asociado prexuiciosamente á pobreza da aldea ou a unha reivindicación política extremista dos “nacionalistas” (cada vez máis demonizados). Non esquezamos que outra promesa electoral do PPdeG foi que ao remate da lexislatura un terzo dos centros non universitarios impartan materias en inglés. Velaí como os prexuízos e os intereses políticos van tinguindo sutilmente a percepción sobre a utilidade das nosas linguas cooficiais.
O peor é que tras esta primeira fase da “estratexia Vázquez” (poderíamos escribir, tamén, “estratexia Feijoo”) de subvertir o consenso de fomento do galego no ensino, o dano para o futuro do noso idioma xa está feito. Durante estes meses os sectores galegófobos mallaron no galego a pracer coas súas abertas falsidades, como esa “imposición del gallego”, que de tan repetida foi asumida por unha parte significativa da sociedade galega. O galego perdeu en meses parte do prestixio e da valoración social que tanto lle custou en décadas conquistar. Un éxito, sen dúbida, para esas minorías galegófobas organizadas, porén unha previsible catástrofe para a convivencia da sociedade galega. Conscientes de que o dano quedou feito, recuperar ese terreo común perdido é a primeira tarefa que civicamente nos corresponde aos que cremos na civilidade galega. Artellar un novo discurso que amplíe o perímetro da apreta do idioma galego e restaure un grande consenso sobre o seu futuro é unha causa noble á que estamos convocados.

Sen comentarios
Publicar un comentario