Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

05/08/09

prótese epéntese paragoxe

Artigo hoxe en Vieiros:

é curioso.
penso que a primeira cousa palpábel que ten feito a xunta de feijóo… digo mal. máis ben a segunda, a primeira foi quitarlle o programa talk show a piñeiro o do supermartes, mais esa é outra historia aínda que moi relacionada con esta.
dicía que a primeira cousa que ten feito esta xunta é engadir unha nova palabra ao idioma castelán. a palabra enquisa.
antes no castelán existía só a palabra encuesta, homóloga de enquisa en galego. enquisa en castelán non é sinónimo de encuesta. como recollerá o próximo drae (diccionario de la real academia española)…
enquisa (del gallego enquisa) sust. f.s. 1.- Encuesta que se realiza en el ámbito de la enseñanza a los padres de los alumnos ó, en su defecto, a los propios alumnos, para conocer sus preferencias en lo que se refiere a la lengua vehicular en que se imparten las materias.
dicídeme nestas últimas semanas nas que a enquisa de marras foi tema de conversa se non oístes unha e outra vez a palabra enquisa en castelán. que viva se nos amosa a lingua de cervantes!
a nosa lingua nembargantes preocúpame un pouco. velaí van os datos que me chamaron a atención.
só un 58% dos pais tomaron a molestia de contesta-la enquisa.
ao parecer -disto non facilitou datos anxo lorenzo- a participazón foi oi alta no ensino privado e moi baixa no ensino público.
máis da metade dos pais de alumnos de secundaria [12 a 17 anos] non contestaron a enquisa.
máis dun 60% dos pais enquisados se relaciona só en castelán ou case só en castelán cos seus fillos.
unha porcentaxe semellante de pais consideran que o ensino dos seus fillos debe ser en castelán ou maioritariamente en castelán.
eu conclúo.
a maioría dos estudantes cuxos pais cubriron a enquisa teñen un défice de galego -ao non o empregar na casa- mais os seus pais non teñen maior interes en que se corrixa, ao considerar que a formación de seus fillos debe ser en castelán.
[lémbrome dun colexio vasco que hai ben tempodividiu aos seus alumnos sgundo lingua vehicular. os que na súa casa falaban euskera daban clase en castelán e os que na súa casa falaban castelán daban clase en euskera. claro é que contexto que deu lugar a esa medida de caracter transitorio nunca tivo lugar en galiza]
menos mal que soio son o sesenta por cen do sesenta por cen que cubriu a enquisa… canto é o sesenta por cen do sesenta por cen?
36%
é moito. coincido con anxo lorenzo en que a política lingüística desenvolvida ata o momento non deu ningún resultado positivo. a propia enquisa -o feito de facela e o resultado obtido- é proba. mais é con pouco que podo coincidir co secretario xeral.
e galicia bilingüe?
que di disto?
semella que aínda non se pronunciou.
eu non perdo o tempo en me pronunciar. o ano que vén o meu plano de estudos programa “electrotecnia, luminotecnia y comunicación” vou suxerir á xefatura de estudos da faculdade que faga unha enquisa aos nosos pais, a ver a cantos lles parece ben substituíla por “grandes fitos da historia da televisión de galicia, do Luar ao Padre Casares“, que eu atopo ben máis interesante.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Todo isto da lingua é culpa do cambio climático. Xa o estamos a ver este ano, non hai quen pare no sur. Onda de calor, outra onda de calor, e outra, e outra... e a xente sureña turra da corda norteña, pero o norte non baixa e as borrascas andan altas e lonxe e a suor aparva o sentido e a poboación anda desorientada. Feijoo9 foi de viaxe á calor e veu desorientado, coma a pomba de Alberti, bebe vasos de trigo, admírase do solpor ás 7 da mañá e fala inglés na taberna... e a súa aguda intelixencia observa disonancias estrañas e busca solucións educativas-adaptativas, porque se a el lle pasou... que sucederá cando, turrando da corda, cheguen bandadas de sureños e cheguen a este país optativo coa súa lingua troncal?, de que xeito van a reaccionar a xuventude y las nuevas generaciones cando vexan bailar sevillanas na festa do pemento de Herbón ou na da filloa de Lestedo?, e na da orella (de porco) en Vedra?, e en tantas outras festas onde tanto se come e máis se bebe?.
Mal camiño estaba vendo o noso líder... e reaccionou a tempo...
Un saúdo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.