Pasaron seis meses desde que rematou a última ofensiva militar de Israel en Gaza, unha ofensiva que provocou 1400 mortos palestin@s e miles de persoas sen fogar.
Amnistía Internacional investigou alí crimes de guerra: todas as partes violaron as leis da guerra ao atacar a civís indiscriminadamente.
Amnistía Internacional investigou alí crimes de guerra: todas as partes violaron as leis da guerra ao atacar a civís indiscriminadamente.
As autoridades israelís non abriron ningunha investigación independente e imparcial sobre a actuación das súas forzas, é máis, opóñense a que se abra. Néganse a cooperar e impiden que o xuíz Richard J. Goldstone faga o seu traballo.
Amnistía Internacional pide ás autoridades israelís que cooperen coa investigación internacional e independente establecida polo Consello de Dereitos Humanos da ONU.
Se queres saber máis e asinar, vai aquí.
Se queres saber máis e asinar, vai aquí.
Este é o vídeo que recolle o Estado dos Dereitos Humanos no Mundo realizado por AI:
1 comentario:
Pechamos os ollos ou miramos para outro lado: é costume da nosa sociedade.
Publicar un comentario