Estraño e magnífico libro, cheo de creatividade e fantasía, que se presenta como un caderno pequerrecho enigmático e encantador: un pequeno tesouro que atopei na Feira do Libro de Lalín.
A que non sabedes o que é por exemplo un "Elenecanto"? Xa, eu tampouco o sabía. Pero é que neste libro podedes atopar de todo, porque combínanse 16 ilustracións de animais coñecidos mediante dous cortes nas súas páxinas, dando lugar a 4096 novos animais. Así é o Animalario Universal do Profesor Revillod, comentado por Miguel Murugarren e ilustrado por Javier Sáez Castán. Unha auténtica delicia.

Sen comentarios
Publicar un comentario