Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/09/09

Animalario

Este non é un libro calquera. É unha obra de arte en forma de libro. Porque Animalario. (Arte de la India), publicado pola Faktoría K de Libros é un libro artesán, feito a man, que se presenta nunha edición limitada a 2000 exemplares quen contén ademais tres láminas separadas. Segundo nos din, cada páxina é de impresión orixinal, serigrafía sobre papel especial feito a man.
O libro conta cun estudo sobre a arte da India para sabermos máis sobre a orixe e o estilo das imaxes que temos a continuación.
É un libro para abrir de cando en vez, para mirar algunha das súas ilustracións e descubrir novos detalles que antes pasaramos por alto. Porque cada imaxe é quen de abraiarnos, de suxerirnos a capacidade de achegarnos a unha cultura diferente e afastada da que quereremos saber máis.
Unha obra de arte, repito, que vos encantará.


1 comentario:

mon dixo...

Eu coñezo o libro e si: é unha obra de arte

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.