The Cove é un documental -cruce entre Flipper e un thriller- dirixido por Louie Psihoyos con guión de Mark Monroe. A historia centra a investigación do antigo adestrador de golfiños, Ric O’Barry (o que entrenou a Flipper) en destapar unha práctica oculta nun pobo de pescadores do xapón, Taiji. De madrugada, para que non os vexan, pescan golfiños de xeito indiscriminado e ilegal. O documental é unha arriscada investigación plantexada case como unha película. No trailer pódese albiscar esta ambiciosa realización. Foi premio do público en Sundance e nunha chea de festivais máis.
A web oficial contén numerosa información sobre a historia.
A web oficial contén numerosa información sobre a historia.
The Cove from John LaValley on Vimeo.
Vía Capítulo 0
Sen comentarios
Publicar un comentario