A miña querida alumna lectora Susana Cumbraos apórtanos novamente un comentario sobre unha das súas lecturas deste verán: El Ocho de Katherine Neville. Grazas, Susana. Segue así!
Se teño que clasificar esta novela fareino entre aquelas que me deixaron entre dúas bandas.
Por unha temos a posibilidade de que é un bo libro no cal te mantés vivo mentres que les as súas páxinas e desexas devoralas moi rápido para descubrir o final.
Pero pola outra é un libro que non che aporta nada. Que o único que fai é entreter. Que non ten substancia.
Cal é a razón?:
Cando leo un libro disfruto facéndoo, ata aqueles que son obrigatorios. Pero teñen que cumprir un requisito: aportarme algo. Algo que me faga vibrar. E sentíndoo moito este libro non o coseguiu.
O modo no que está narrado gustoume moito... posto que nos trasladaba dende un mundo actual ata a mesmísima Revolución Francesa. Facíanos ver o distinto punto de vista das persoas que viviron en xeracións ben diferentes pero todos entrelazados por un mesmo enigma.
Pero por outra parte penso que isto o que fixo foi que a autora se perdese un pouco ela mesma do miolo da historia, porque, na miña opinión, hai veces nas cales os personaxes non se comportan de acordo coa súa personalidade. O que para min representa un erro imperdoable.
Por outro lado hai que dicir que o feito no cal se involucrou a Historia é moi sofisticada. O modo no cal representa a Napoleón, a Catalina a Grande ou mesmo a científicos sobresaíntes como Newton ou Euler é impresionante.
Por último, creo que o peor da historia narrada é sen dúbida o final, xa que a autora intenta facelo chegar moi rapidamente. Cando ao resto da historia lle concedeu un tempo luxoso. Un final no cal se deixa un pouco en vilo o que poderá ou non poderá pasar.
Pero en fin, que é a miña opinión comparada con aquela de todas esas persoas (miles de persoas) que leron este libro e quedaron seducidos pola historia do xedrez de Montlagne!?

1 comentario:
Comparto plenamente a túa opinión. Parece como si a autora se documentara moi ben, creara unha interesante trama, pero logo líase moito, e ao final remata de calqueira xeito, Cando rematas o libro sintes decepción, tanto lío para nada.
Publicar un comentario