Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/09/09

Erros de GB

Topei en Calidonia unha análise do ben que escriben os seus carteis -na parte correspondente a "en galego"- estes de GB:


Outra das súas perlas coas que NON nos sorprenden: A súa presidenta asegura que a situación segue igual porque o decreto sobre o galego non foi derrogado, aínda estamos peor, cre, posto que os "centros politizados" están a utilizar a normativa para ir máis alá do que xa se facía na promoción do galego. Lede aquí.

Estamos segur@s de que si, de que se vai máis alá... ao espazo exterior. Agárdanos un curso moi movido, temo.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.