Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/09/09

Un país lejano

De Daniel Mason xa me gustara moito El afinador de pianos. E este novo libro, Un país lejano, tamén me encantou. Se tivese que buscar unha palabra que definise a sensación coa que rematei o libro sería a de tristura, nun plano xenérico, pero desalento é a que máis se aproxima a esta historia de dous irmáns afastados pola emigración, a pobreza, a fame, as condicións de supervivencia extremas.... Un libro que trata con cariño e suma dignidade á xente que vive nestas condicións, unha xente que vive unha historia en lugares non nomeados que poderían ser ao mesmo tempo lugares de sobra coñecidos: unha zona rural mísera, profundamente relixiosa, e unha cidade que vive con desprezo o incremento de chabolas -e delicuencia derivada da pobreza-. A cara e cruz dunha moeda que é ao fin e ao cabo a historia vívida de tantos países.
E nós percibimos e compartimos a dor, a miseria, a corrupción, a hipocresía, mesmo unha relixiosidade que nos pode resultar incomprensible: unha realidade que non nos parece allea. Unha solidariedade profunda entre os personaxes e o lector.
Un fermoso libro para ler e reflexionar. Un escritor que nos gusta.

2 comentarios:

La secre dixo...

falando de libros...que me dis de milan kundera??miña nai mercou un libro de el para que eu lea...disque non leo nada jajaj

Ronsel dixo...

Bufff. É un pouco complicado, temo, para ler á vosa idade. Non coñezo moito del, a verdade, lin un par de libros. Pero non te preocupes: se queres ler dimo que eu teño miles para prestarvos.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.