Artigo de Miguel Anxo Fernán Vello en Galicia Hoxe:
Di Manuel Núñez Singala, autor da obra teatral titulada Comedia Bífida, que os argumentos que utilizan os detractores do idioma galego baseados na idea da imposición lle provocan franca hilaridade, pois se hai unha lingua imposta en Galicia, matiza o escritor, esa é o castelán. "De todas as canles televisivas que hai, só unha está en galego, é moi difícil atopar unha revista en galego e o cine na nosa lingua é practicamente inexistente, polo que falar de imposición paréceme ridículo". Velaí a realidade. Mais o certo é que existe un grupo ruidoso e fremente de galegos -agora censuran mesmo unha obra teatral de humor de Núñez Singala- que falan de imposición e terxiversan -pura patoloxía confusionista- o concepto de liberdade só co obxectivo de limitar, amputar, anular o uso do idioma propio de Galicia. Vexamos. Se o idioma galego é o propio do país, patrimonio de todos, ¿como é que poden existir cidadáns galegos que desprezan con tanta xenreira un dos máximos sinais de identidade e de existencia do pobo galego? Se estes cidadáns que así actúan son galegos de nacemento, aínda que non sexan galegofalantes, ¿como é que condenan o idioma galego -que se denomina galego porque naceu en Galicia, algo indiscutíbel- ao ostracismo, e pasando por riba das leis e aínda por riba dun mínimo sentimento cultural de respecto ao propio, cívico e democrático? Custa traballo entendermos a teima etnocida dese segmento de cidadáns galegos (estraño complexo o seu e enfebrecida aposta) que desexan cortarlle as azas a algo que é patrimonio seu e de todos. Talvez non saiban estas persoas que, no fondo, están contra si mesmas. Talvez non saiban que están negando algo que forma parte consubstancial, aínda que non sexan galegofalantes, da súa personalidade. Agora un dos grupos galegófobos, totalmente fóra da realidade, di que a Xunta de Núñez Feijóo financia actividades para escolares cun "alto contenido ideológico nacionalista". Textual. "É difícil entrar no cerebro e diagnosticar que ocorre" (Luis Rojas Marcos).

Sen comentarios
Publicar un comentario