Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/10/09

O mundo desde as chabolas

Morris é un mozo de Kenia que camiña 4 horas cada día para loitar pola súa nai enferma de VIH. Dipti é unha anciá que apenas resiste o seu xeito de vivir en Calcuta. Elisabeth perdeu os seus fillos pola SIDA e debe sacar adiante os seus 22 netos en Soweto, Sudáfrica... Son algúns dos personaxes que presenta Hernán Zin en "Villas Miseria", unha viaxe que o levou polos maiores arrabaldes de África, Asica e América Latina. Neste documentoal retrata o día a día das persoas que habitan nestes asentamentos marxinais, nos que viven case mil millóns de persoas. Coma o mesmo Zin explica, unha sexta parte da poboación mundial malvive nos chamados barrios de chabolas.
O documental é un proxecto de Mundo Cooperante, financiado pola AECID, coa colaboración da Fundación Juan Entrecanales de Azcárate.





Teitos de zinc, montañas de lixo, nubes de fume, cloacas abertas... asentamentos sen saneamentos nin condicións dignas.

Vía

1 comentario:

charo dixo...

Cada vez vivimos realidades máis diverxentes. Incluso, as veces, nos mesmos o moi próximos espazos físicos. Non hai sáida. É coma se unha hipotética mellora na vida de todas estas persoas ameazase o noso bienestar. Seríamos demasiados, colapsaríase todo, non hai espazo para eles e para nós. Sobran eles, claro.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.