A miña querida ex (que para min non é tal porque serán unha das miñas nenas) alumna Thalía Troitiño que como sabedes é unha grande lectora contribúe unha vez máis ao enriquecemento deste blogue coas súas opinións sobre algunhas das lecturas deste verán. Hoxe ofrecemos algunhas delas:
A cabeza de Medusa
Marilar Aleixandre
Editorial Xerais
Gustoume polo que supón de reflexión e pensamento, o ben que reflicte a autora os sentimentos das protagonistas, o sufrimento.
Debátense dúas posturas moi relevantes: aceptar o que algúns nos fan sentir ou superar o ocorrido e seguir adiante.
O mito de Medusa serve de inspiración para a trama do libro.
Luna nueva
Stephane Meyer
Este libro, coma o anterior da saga, encantoume. Paréceme unha apaixoante historia de amor que sobrevive aos problemas que lle van aparecendo no camiño.
Nesta parte Jacob cobra un maior protagonismo na vida de Bella, xa que se converte no seu mellor amigo. Isto é debido á ausencia de Edward. Ela para Jacob será sempre algo máis ca unha amiga.
Cando acabei este libro entráronme ganas de empezar o seguinte, só por saber como continúa a historia e por saber se finalmente se transforma Bella en vampiro.
Eu recomendo este libro, como todos os da saga, porque me encantan. Pásanse grandes momentos léndoos, deixando que sexa a imaxinación a que funcione por completo.
Eclipse
Stephane Meyer
Por suposto, tamén me gustou. Máis, se cabe, posto que houbo ocasións que lía con tal anceio de saber o final que non podía parar. Estaba impaciente por saber a resposta da miña dúbida sobre se Bella se converte en vampiro ou non, algo que non vou dicir aquí. A súa graduación será unha parte importante do libro porque con ela acontecerán cambios importantes. Tamén a relación desta con Jacob e Edward vai evoluíndo.
Pero lédeo, disfrutaredes coma nunca.
Sen comentarios
Publicar un comentario