Só pola ilustración paga a pena abrir o libro. Mentres lemos a historia de Pulga, o libro segue o formato estándar. Cando chegamos á historia de Xigante, debemos darlle a volta ao libro; porque, como adoita suceder, un Xigante ocupa moito máis ca unha pulga. E, se isto é así, non lle cumprirá acaso ocupar as dúas páxinas do libro? E porque ademais, o propio texto está a expensas das ilustracións, verdadeiro motor e protagonista da historia.
En Pulga & Xigante, de Serenella Quarello, ilustrado polo seu irmán Maurizio A. C. Quarello, atopamos unha pulga aventureira e un xigante lacazán que sofre un impertinente picazón en diferentes lugares do seu corpo. E así descubrimos que todos eses mundos máxicos que a Pulga ía descubrindo non eran máis que partes que o Xigante debía rañar. Vaia, que as cousas non son o que parecen.

Sen comentarios
Publicar un comentario