Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

22/10/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXVI)

De novo cos retoadictos para se espreman os miolos!!

Reto 1
.-O número de teléfono de Andreia ten 8 díxitos 5ABCDEFG. Ao sumar os números ABCD con EFG obtense 9.063 e ao sumar ABC con DEFG obtense 2.529.
Cal é o número telefónico de Andreia?

Reto 2.- É posible mediante cinco cifras impares sumar 20?

Reto 3.- Este é un vello que está durmindo a carón da súa muller (tamén maior), a cal está tecendo. O vello soña que está na guerra e que o van matar cortándolle o pescozo. A muller, ao velo asustado, pasa a agulla de tecer polo pescozo do vello co fin de espertalo. De súpeto, o vello morre do susto.
Por que esta historia non pode ser verdade?

Reto 4.- Se sumas un cuarto do tempo transcorrido desde o mediodía ata agora á metade do tempo que trascurrirá desde agora ata o mediodía de mañá terás a hora exacta.
Que hora é?

14 comentarios:

La secre dixo...

Creo que teño o 2 reto:

1+1+5+13=20

:D

Oshidori tecelán dixo...

Vou tentar co terceiro queé o único que non require facer contas:

O vello está soñando que o van matar e está asustado, ben, continuemos: ela estírase e pásalle entón a agulla polo pescozo, (despois de rematar unha fila da bufanda, senón sería francamente complicado e dígoo por experiencia, q bufanda non fixe unha pero desfacer, defixen moitas, tantas como comecei!).
El como está soñando, sente o coitelo no pescozo(a agulla), pero pra el non deixa de ser un soño...co cal, non hai un segundo susto.

A que xa e estou liando e non van por ai os tiros...

Anxinho dixo...

bufff Oshidori vaia lea te montaches,e non me refiro ao fío da bufanda. Síntoo...pero non é correcto.

Respecto á resposta da secre, Parabens, ben resolto!!!! Loxicamente,non é o mesmo cinco números impares que cinco cifras impares.

Seguide, seguide a voltas coa bufanda...

bolbor dixo...

Jejejeje!!
Bonito o primeiro. As condicións que nos dá o problema son:
ABCD+EFG=9063
DEFG+ABC=2529
Tales condicións poden traducirse en:
10·ABC+D+EFG=9063
EFG+1000·D+ABC=2529
De aquí podemos extraer facilmente que:
ABC=111·D+726
EFG=1803-1111·D
Considerando que estes números teñen que ter 3 cifras, só é posible solución para D=1 polo que o número de teléfono será:
58 371 692
Por certo, Andreia non contesta.
Saúdos para tod@s!!

Andreia dixo...

Grazas bolbor por dar o meu número de teléfono. Estaba desesperada...

Sil dixo...

O que está claro é que se a muller quería tranquilizar o home ca agulla de tecer non era moi lista. ou é esa a razón?

Anxinho dixo...

Que paradiño está isto esta semana!! Tampouco son tan difíciles e, ademais, só quedan por resolver os dous últimos. Sorte e ánimo!!

bolbor dixo...

Buenooooo!!! parece que os terei que facer eu todos... jijijiji!!
A ver o último:
Se x é a hora buscada, sumando x/4 con (24-x)/2 nos dará precisamente x, é dicir que x=x/4+(24-x)/2. De aquí nos sae x=60/5 que son 9h e 36 minutos da noite (hai que sumar 12 horas porque a referencia é o mediodía).
Certamente, 9h 36´ entre 4 nos dá 2h 23´. O que resta dende as 9h 36´da noite ata o día seguinte ás 12h 0´ (mediodía) son 14h 24´ que dividas entre 2 nos dá 7h 12´. Finalmente, sumando 2h 23´ con 7h 12´ vemos que saen as 9h 36´.
Saúdooooooosssss!!!

Anxinho dixo...

pero que listiño me es...

bolbor dixo...

Boeeeeeeeeeee!! non tanto...
En realidade 9h 36´ entre 4 dá 2h 24´ e non 2h 23´... pero xa vexo que non andas moi fino ultimamente...
JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ-jiiiiii!!!
Aaaaaiii!!! un día hame dar algo...

Anxinho dixo...

Querido bolbor: en realidade non quixen humillalo publicamente. Sei que non o podería soportar... ;P

bolbor dixo...

A ver, anímase alguén ou tamén teño que facer eu o terceiro? Mirade que é fácil...
Saúdos!!!

bolbor dixo...

Pois veña, a pregunta é: se morreu o vello... como se puido saber o que estaba a soñar?
Ala!, a ver se na próxima hai máis movemento... que estes estiveron un pouco paradiños...
Saúdos para tod@s!!

Anxinho dixo...

grazas bolbor!

Retos resoltos... mañá haberá que poñelos máis doados.

saúdos a tod@s

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.