Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/09

Soldados de Salamina


Última lectura de verán de Thalía Troitiño, a nosa infatigable colaboradora:

Este libro, Soldados de Salamina de Javier Cercas, gustoume moito xa que creo que reflicte moi ben o que foi a Guerra Civil, a vida de moitas persoas despois, a forma de pensar, o xeito de ver as cousas, o sentimento reacio a falar de moitos...

Sen dúbida, creo que paga a pena a súa lectura. Un libro para enriquecernos cultural e ideoloxicamente, mesmo nos axuda a comprender mellor aqueles anos. Un libro expresivo e directo que vos recomendo efusivamente.

1 comentario:

montse dixo...

eu tamén o lin hai tempo e gustoume

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.