Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/09

Cooperación con Timor Oriental

O noso escritor Manuel Rivas, e o seu máis coñecido relato, A lingua das bolboretas (un dos máis fermosos, tamén) implícase nun proxento de cooperación con Timor Oriental chamado precisamente "Bolboreta", xa que o portugués é unha das linguas oficiais do país xunto con tetum, lingua ao que é traducido tamén o conto.
Nun país onde o cincuenta por cento da poboación adulta é analfabeta e que conta cun dos niveis educativos máis baixos do mundo, conseguirá con este proxecto que máis da metade da poboación menor de 15 anos (o 48% do total) teñan por vez primeira un libro de texto. Para este fin cóntase cunha primeira edición de dez mil exemplares bilingües en portugués e en tetún, cunha guía didáctica para escolares realizada por profesoress timorenses.
Unha iniciativa posible grazas á colaboración entre as universidades d'A Coruña e Timor, a través da Asociación Luso-Galega de antropoloxía aplicada. O director do proxecto explicou que se escolleu este relato ("Borboleta sira-nia nanai") porque se adapta á mentalidade timorense e engancha co espírito dun país que ten sido invadido e que se atopa sempre en situación de alerta.

Vía Papel en blanco

1 comentario:

carme dixo...

as diferencias entre os pobos, a pobreza, o terceiro mundo... que a literatura, a galega, dea pun paso adiante pola igualdade é unha inmellorable noticia

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.