Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/11/09

Fracaso educativo

Isto é o que di Gabilondo sobre un tema que dá e seguirá a dar que falar. Que opinades vós?



Nós imos engadir unha frase que veñen de nos enviar:

"Se un doutor, un avogado ou un dentista tivera a trinta persoas ou máis na súa oficina ao mesmo tempo, todas con diferentes necesidades e algunhas que non queren estar alí, e o doutor, avogado ou dentista, sen axuda, tivera que tratalos a todos con excelencia profesional durante dez meses, entón poderían ter unha idea do que é o traballo do docente na aula"

(Kathy A. Megyeri: Chocolante caliente para el Alma de los Maestros)


2 comentarios:

Beni dixo...

É verdade isto que di o Gabilondo: Agora hai analfabetismo social, onde antes só había analfabetismo, que non era tan malo. Meu avó, que era pouco (por non dicir nada)leido sempre dicia: "rapases! hai que ser bos e ter SENTIDIÑO". Esa foi sempre a mellor lección.

olga dixo...

Non é unha casualidade eso de avanzar cara ó analfabetismo social. Non. Alguén, seguramente quen o promove, sae beneficiado. Por eso, quenes defendemos unha escola de calidade e que eduque de verdade ós cidadans... somos sospeitosos/as de... case todo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.