E é que con tantas ocupacións case nos esquecemos de vos amosar as fotos do magosto pasado por agua que celebramos no centro. Cunha organización perfecta por parte do profesorado de Educación Física (abraioume o feito de observar as actividades compartimentadas, o alumnado implicado) e cunha actividade de Normalización Lingüística que tivo que ser suspendida -busca de refráns-, quero destacar sobre todo o labor dos meus "campións" da titoría, que ese día traballaron coma nunca antes (e témome que coma nunca despois!!!).
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
29/11/09
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
son moi bonitas
Publicar un comentario