Onte no "Foro da ciencia e da cultura en Galicia" escoitamos unha voz única que resultou provir dunha persoa encantadoramente cercana. Uxía Senlle viña acompañada de Guillermo Fernández, para entrambos facer as delicias do auditorio.
Uxía introduciunos na súa biografía musical e na música galega, que é moito máis que a música folk ou celta. Falounos do seu autodidactismo, do exercicio da esencia das cousas, da verdade. De como comezou a súa andaina musical escoitando aos cantautores para ir logo experimentando e achegándose, sobre todo, á música irmá en lingua portuguesa, o que serviu para lembrarnos que vivimos tempos covulsos respecto á nosa lingua, unha lingua que nos serve para nos comunicar con millóns de habitantes. E falou, tamén, das voces femininas galegas, que souberon manter a tradición, así como da importancia de cantarmos colectivamente, xa que a propia evolución da sociedade fixo que o acto de escoitar música sexa algo meramente individual. Concluíu que a creación debe ser un risco, e que estamos, malia todo, a vivir un momento da música galega rico creativamente, con diversos estilos musicais que ata agora non tiñan oco cantados en galego.
Tamén deu a palabra a Guillermo Fernández, quen nos falou das súa primeira reticencias cara á música folk ata que soubo valorar o propio e veu que fóra de Galicia apreciábase máis o que aquí se facía ca no noso propio país, do interesante que resulta fusionar a música de raíz coa música de autor.

Guillermo Fernández mantén con Xabier Díaz un programa os domingos á medianoite na Radio Galega, Tres peixes voando, unha cita obrigada para pechar a semana con espírito alegre e exquisita música.
1 comentario:
Eu teño un CD " Fumaça " con música galega, portugues e brasileira cantada por Uxía e outros que é unha delicia para o meu fillo: " Arrerú ", " Aí vai o señor Noé ", " Uma casa engraçada ", etc.
Publicar un comentario