Unha de cada tres mulleres no mundo, polo menos unha vez na súa vida, foi golpeada, forzada a ter relacións sexuais, ou sufriu calquera outro tipo de humillacións.
A tarefa social das campañas de publicidade -para divulgar o problema- dan ás mulleres vítimas a esperanza de saír fóra ademais de denunciar este tipo de situacións.
Mutilación xenital: moitos pobos mutilan os órganos xenitais femininos como parte das crenzas tradicionais ou como rito ou método de castidade.
A violencia no fogar: os resultados da violencia doméstica non son visibles porque se ocultan por medo e vergoña.
En todo caso, este tipo de publicidade axúdanos a lembrar que NUNCA debemos pechar os ollos, que NUNCA debemos mirar para outro lado, que NUNCA debemos tolerar este tipo de actitudes. Benvida sexa esta publicidade social:
En todo caso, este tipo de publicidade axúdanos a lembrar que NUNCA debemos pechar os ollos, que NUNCA debemos mirar para outro lado, que NUNCA debemos tolerar este tipo de actitudes. Benvida sexa esta publicidade social:
Vía
5 comentarios:
Cheguei ó teu blog a través de "Cadernos de Vide". Como muller, como persoa moitas grazas por estas entradas sobre a violencia contra as mulleres. Si me das permiso visionaremos a tua coleción de imaxes e careis no IES no que traballo.
Por favor, non tes que pedir permiso. Están aquí porque estaban antes noutro lugar, e para que cheguen ao maior número posible...
É un honor recibir as túas palabras. Moitas grazas.
E grazas pola parte que me toca, que algo levarei ... ;P
Un SAUDO e unh apreta Anxiño - tomo nota- pero eu, ¿que lle vou facer? cando abro o voso blog sempre penso en Gracia, a persona que coñezo, e sinto, a pesares da dureza da denuncia ou da mensaxe, que medra en min un sorriso de esperanza para min, para a miña filla, para as miñas netas... Para TODAS nós. E para TODOS eles.
porque hai mulleres como Gracia, e agora sei que tamén porque hai homes coma ti.
....¡Xesús! como me quedou isto! Será o día.
hehehehe
Non te preocupes, a verdade é que comentei por incordiar a Gracia un pouco, non por outra cousa.
Un bico!
Publicar un comentario