Vaia! Por primeira vez quedou un reto pendente da semana pasada. Pois que saibades que non volo penso dicir...
Reto 1 (pendente da semana pasada).- Se AMX é o segundo e OND o cuarto. Poderías dicir cal é o primeiro?
Reto 2.- Temos dúas latas cheas de auga e un gran recipiente baleiro. Hai algunha maneira de poñer toda a auga no recipiente grande de xeito que poidamos distinguir que auga saíu de cada vaso?
Reto 3.- Un can está atado polo pescozo a unha corda que mide 2 metros. Como terá que facer para coller un óso situado a 3 metros del?
Reto 4. - Rafa roza a corentena. Se se escribe tres veces seguidas a súa idade obtense un número que é o produto e a súa idade pola da súa muller e a dos seus catro fillos. Que idade ten cada un dos membros da familia?
Reto 3.- Un can está atado polo pescozo a unha corda que mide 2 metros. Como terá que facer para coller un óso situado a 3 metros del?
Reto 4. - Rafa roza a corentena. Se se escribe tres veces seguidas a súa idade obtense un número que é o produto e a súa idade pola da súa muller e a dos seus catro fillos. Que idade ten cada un dos membros da familia?
16 comentarios:
Pois querido Anxo non foi por non darlle voltas (refirome ó que quedou sin resolver)
O do can parece fácil: ¿non será que en realidade non está preso e pode coller o óso sen problema?
(como ves sigo por aqui...)
reto 2: pode ser que a auga sexa diferente?
Xa imaxinaba que andabas por aí!! Nunca o dubidei...
Por certo, resolviches ben o reto 3, amig@!
Respecto ao que pregunta o comentarista anónimo dicir que a auga é exactamente igual (mineral sen ghas!)
reto 2:
se o recipiente baleiro é grande podemos meter as 2 latas dentro non?
Podería ser, secre, pero as latas non as metemos dentro do recipiente, aínda que coller, collerían... (e é unha pista!)
reto2:
pódese conxelar o líquido pero logo cando pase un tempiño este desconxelarase e xa non as diferenciáresmos
Moi ben, secre!!
Se conxelamos a auga antes de metela no recipiente grande cumprirase o que pide o reto!
Perfecto!
Por incordiar... o feito de que a corda do can fora de 2 metros e que a comida estivera a 3 metros del non significa que non lle chegara aínda estando atado o outro extremo. Unha corda de 2 metros abre unha circunferencia de 4 de diámetro, podendo quedar a comida dentro e estando inicialmente a 3 m do can.
Pois iso...
Saúdos para tod@s!
Reto 4.-
O produto sera 393939, 383838 ou 373737 como pouco. Mirei os divisores máis pequenos e obtiven:
39=[1,3,7,9,13,21]
38=[1,2,3,6,7,13,14,19,21]
37=[1,3,7,13,21]
A continuación dividín os posibles produtos pola correspondente idade do pai: nos tres casos é 10101 que soamente é divisible por 39 (=259) e 37 (=273) como idade da nai.
259 non é divisible por 2,3,6,13; polo que o descarto.
En canto ao 273, pódese dividir soamente por 1,3,7,13 entre os divisores da idade do pai, polo que estas teñen que ser as idades dos fillos e da nai. Como dixen, o seu produto é 10101 que multiplicado por 37,38 e 39 resulta 373737, 383838 e 393939 respectivamente.
A familia pode ter estes anos:
1- 39,37,13,7,3 e 1
2- 38,37,13,7,3 e 1
3- 37,37,13,7,3 e 1
**os resultados coa idade do pai igual a 36,35...tamen dan o resultado buscado, pero como di que roza a corentena, o resultado máis achegado é o 1.
Moi ben Marcos, aínda que a única solución posible é a primeira xa que a familia ten exactamente seis compoñentes. Moi ben pensado!
Respecto ao que di bolbor, deixa de incordiar!! hehehe Esa era a outra opción de resposta aínda que o problema estaba pensado maliciosamente, non matematicamente. De todos os xeitos non esperaba menos e ti...
Por certo NINGUÉN SABE O PRIMEIRO!!!!!!!!!!
Queredes unha pista...??
Se cadra non era mala idea... porque leva camiño de botar algunha semana mais!!
Eu estou con Marcos, dá algunha pista!!!
Vaaaaale...
Se non o resolvedes antes dos seguintes retos, dareivos a pista mañá na seguinte edición.
Pistas?, que pistas?
jejejejeee!, non pensarías en ganarnos esta batalla?
O primeiro é XFM
juaaaghhh!!
juaaaghhh!!
juaaaghhh!!
juaaaaaaaagggghhh!!
O razoamento é demasiado complicado, non vou entrar en detalles técnicos que só estarían ao alcance de unha elite...
Saúdos para tod@s!!
Chulo!!! Se che levou dúas semanas resolvelo!!! Menos lobos!!
Explicación:
1º) XFM: Xaneiro, Febreiro, Marzo
2º) AMX: Abril Maio Xuño
4º) OND: Outubro, Novembro, Decembro
Jajajaja!!
Xa sabes como é, se eu me puxen a pensalo e se o logrei resolver... é que non era moita cousa...
Saúdos!!!
Publicar un comentario