Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/12/09

10 soldados

Fermoso alegato pola Paz este álbum ilustrado: 10 soldados de Gilles Rapaport. Un alegato que se convirte en sorriso coa lectura do libro. Por que? Porque os propios soldados son os que marchan á guerra cun sorriso nos beizos e unha flor no fusil, mandados por unha raíña terrible que ocupa tanto, tanto, que necesita dúas páxinas. Cada páxina conta a histoira da desaparición dun soldado coma se fose unha canción dentro de situacións absurdas que abondan na idea primordial do libro: un rotundo NON á guerra. Cunhas imaxes tremendas que complementan estas situacións inverosímiles para non deixarnos indiferentes, con manchóns negros, rotundo, sobre a ineficacia dunha guerra na que deben loitar uns soldados "que non saben por que van".
Un libro para calquera idade moi axeitado para o Día da Paz, é dicir, todos os días do ano.

2 comentarios:

vanesa dixo...

Este libro non me gustou moito ,porque ademais de ser triste foi algo aburrido.

Noemi dixo...

Non me gustou moito esta historia porque os soldados acaban morrendo todos.Porque a guerra só trae desgrazas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.