Antonte fomos a Lugo cos de 1º de ESO. Todo o alumnado deste nivel leu previamente Contos de medo no museo de Lugo para logo acudir ao museo a realizar un xogo de busca literario moi interesante; dividíronos en varios grupos e os gañadores levaron un premio.
Mentres, coñecemos Lugo, pateamos toda a muralla, visitamos a catedral, vimos o mapa de Fontán no IES Lucus Augusti e eu visitei á querida compañeira bibliotecaria María do IES Ollos Grandes (tamén vos amosamos unha foto da súa biblio); pola tarde puidemos visitar a Casa dos Mosaicos.
Un día moi completiño nunha fermosa e fría cidade, do que descansamos ben a gusto ao día seguinte grazas ao "temporal"...

1 comentario:
Grazas, Gracia; foi moi emotivo coñecerte tamén ao vivo. E lamento a brevidade do encontro, mais sempre está aquí o voso blogue, as túas palabras que tanta luz dan nesta invernía dos tempos.
Un abrazo
Publicar un comentario