En Hutukara ( organización que reúne os líderes Yanomami) non somos políticos, somos Yanomami, respectamos a natureza, a auga, as árbores, os animais, a nosa terra porque é sagrada, non só polos antepasados que están soterrados nela, senón porque é a vida e a ledicia de todos, non só nosa.
Así resumía a súa filosofía de vida Davi Kopenawa, unha referencia mundial na defensa dos dereitos dos indíxenas
Davi naceu arredor de 1956 en Marakana, unha comunidade Yanomami situada no río Alto Toototobi, no estado brasileño de Amazonas. A súa infancia coincide co período no que os Yanomami empezaron a deixar de ser unha tribo non contactada, ata eles chegou o Servicio de Protección Indíxena do Goberno brasileiro coa Comisión Fronteriza de Brasil e logo os misioneiros da organización estadounidense New Tribes Mission. Este contacto levou enfermidades novas á súa comunidade e entre 1959 e 1967 morreron moitos membros da súa tribo, incluída a súa nai. Davi di que unha das primeiras lembranzas da súa vida é cando a súa nai o esconde nun cesto porque chegan os homes brancos.
“Kopenawa”, o seu alcume (guerreiro) comezou a súa loita en 1983 cando buscaba o recoñecemento do terreto habitado por eles, invadido ilegalmente por buscadores de ouro. Salvou o seu pobo da extinción logrando a demarcación das súas terras, feito que se materializou en 1992.
É na actualidade unha figura respectada a nivel internacional que viaxa por todo o mundo estendendo a súa mensaxe e buscando apoios para axudar a seu pobo a defender os seus dereitos con proxectos educativos e de saúde.
É na actualidade unha figura respectada a nivel internacional que viaxa por todo o mundo estendendo a súa mensaxe e buscando apoios para axudar a seu pobo a defender os seus dereitos con proxectos educativos e de saúde.
Vía Libro de Notas
Sen comentarios
Publicar un comentario