Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/09

Diario de libros

Como? Que non sabedes que regalar no Nadal? Que lle queriades comprar un libro a esa persoa pero que le tanto que non sabedes con cal acertaredes? Pois vouvos dar unha pequena solución (de paso, a ver se as editoriais galegas puidesen recoller a idea para facer algo semellante!): Diario de libros, publicado por Barbara Fiore.
A primeira impresión ao recibilo é que se trata dun libro, pero cando o abres ves o especial que é. Por que? Porque é unha especie de axenda atemporal para apuntar todo o que desexes sobre os libros que les, os que prestas (a ver se o fago dunha vez e me deixan de desaparecer libros dos meus andeis!!!), os que che prestan, os que queres regalar, os que tes que mercar...; vén mesmo unha sección para apuntar os aniversarios, o que a min, despistada, vaime vir xenial porque, efectivamente, só sei regalar libros. Aínda hai máis: un lugar para apuntar as librarías imprescindibles, páxinas para "notas" e como colofón "O ABC do libro", un pequeno e curioso dicionario que nos informa daqueles conceptos relacionados co libro.




E entre as súas páxinas destacan as ilustracións (como non) relacionadas graciosamente coa lectura.
Ademais, a presentación é exquisita, para que dure moitos anos, en tapa dura, marcapáxinas e papel groso.

Un regalo precioso co que creo acertaredes sempre.

3 comentarios:

Unitaria de Vide dixo...

ai miña amiga, que eu andiven a buscalo e dixéronme que estaba ¡¡¡ajotado!!
¡Sabes ti onde se pode conseguir?
Como sempre, os teus consellos son :

ESASTOS!!!!

Sabela

Ronsel dixo...

A min mercáronmo en Vigo, en Librouro; que eu saiba alí había máis. Se queres, podo mirarche en Santiago, que irei pronto, se me dis onde mandarcho, por min non hai problema.
Bicos

Unitaria de Vide dixo...

Mañán vou a Vigo, e visitarei librouro. Se o atopo..¡Menudo regalo para min !

Gracias.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.