Desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística esta mensaxe que facemos nosa:
Todos/as sabemos que os soños non se alcanzan sen esforzo, por iso no ano que comeza contamos contigo para seguirmos traballando a prol da lingua.
Ademais, lembrámosvos que vimos de crear un novo blogue no IES nº 1 d' O Carballiño para o Equipo de Normalización Lingüística:
Nel iremos colgando todo o relativo ás novas sobre a nosa lingua e as actividades realizadas no instituto. Un gran máis que xa está no Planeta de ENDL grazas á dilixencia de Román Landín.
6 comentarios:
Desitjo que sigui un any feliç per la llengua gallega i per totes les persones que la parlen.
Desexo que sexa un ano feliz pola lingua galega e para todas as persoas que a falan.
Moitísimas grazas querida amiga, querida compañeira, ogallá compartamos no novo ano un mundo mellor.
Moltíssimes gràcies benvolguda amiga, benvolguda companya, tant de bo compartamaos en el nou any un món millor
Todo o mellor para a lingua e para vós no ano que está a piques de comezar.
Apertas
Igualmente para ti e para os teus.
Biquiños
No que vai de vacacións visitei 79 tendas (conteinas!) en varias cidades galegas. En NINGUNHA me falaron GALEGO a pesares de que en todas elas foi o idioma que eu usei.
Esta é a realidade.
Saúde, bicos e esperanza.
Querida Olga: pois si que compras! Nalgunhas, ata te miran mal por lles falar na nosa lingua.
Din que a esperanza é o último que se perde. Que queres que che diga?!
Bicos e feliz ano
Publicar un comentario