Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/12/09

Fuck You Sida!


A fundación Gais Positius a través da Coordinadora Gai Lesbiana de Barcelona encargou á axencia healthcare acHe de Barcelona o deseño dunha peza gráfica a distribuír en locais de ambiente xove coa fin de relembrar a necesidade de seguir usando o preservativo durante as relacións sexuais de risco e alarmados polas estatísticas negativas sobre o incremento da sida e a constatación da pasividade actual no uso do preservativo. Na actualidade inféctanse 8 persoas ao día en España.

Diego Otero, director creativo da axencia healthcare AcHe, di “Fuck you sida! significa exactamente eso: joder al VIH. Mejor dicho, prevenir su transmisión. Porque si a la hora de mantener relaciones sexuales usamos siempre preservativo, mataremos al SIDA y a otras enfermedades de transmisión sexual. Por eso, ¡que te jodan Sida!”




O día 3 lanzouse unha nova publicidade desta campaña:

Fuck You Sida! from Agencia acHe on Vimeo.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.