Como? Que aínda non tedes este libro? Que non o coñeciades? Ide correndo a mercalo. Xa! Que vén unha ponte e non poderedes disfrutalo se non bulides!!!
En realidade, estouvos mentindo. Non é un libro. É un estoxo que contén dous: La pequeña bruja e Brujas y Hechizos. Un dobre proxecto ilustrado por Benjamin Lacombe e escrito en colaboración con Sébastien Perez. Un libro está dentro do outro, pero ao mesmo tempo nada teñen que ver, son diferentes tanto por fóra coma por dentro. No primeiro libro coñecemos a historia da protagonista, cunhas ilustracións marabillosas a páxina completa, un álbum ilustrado tradicional. O segundo libro é un grimorio, encadernado coma se fose un libro antigo, que fala de coñecementos máxicos. Un libro que nos atraerá esteticamente.
Brujas y Hechizos contén a historia de trece mulleres sospeitosas de bruxería que identificamos facilmente: Lilith, Isis, Medusa, Yama Uba, Gretchen (a bruxa de Hansel e Gretel), Juana de Arco, Mona Lisa, Malvina (a bruja de Brancaneves), Leonora Dori, Mary e Anny (dous piratas) y Mambo (Marie Laveau). Aos retratos acompáñanos billetes da época, cadros, esculturas, manuscritos, obxectos... todo para unha veracidade literaria plenamente conseguida.
Advertencia
¡Este libro está maldito!
Si por error ha llegado a tu poder
ciérralo y ¡huye!
Si, no obstante, decides leerlo, piénsalo bien
tu vida quedará marcada para siempre.
Hechizos, sortilegios, recetas, magia
¿Brujas?
¿Te atreves a conocerlas?
Non o dubidedes, é unha auténtica marabilla. E ademais regálanche unha bolsiña de plástico muuuu mona!!!
5 comentarios:
mmmmmm que boa pinta ten!
Me encanta!!! Son unos libros preciosos. Los recomiendo al 100% :)
Pareceume bonito, e gustoume polo motivo de que ela se enterara de que era unha bruxa e gardara o segredo.
é un libro moi bonito
gústame porque a rapaza entérase de que é bruxa
Publicar un comentario