Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/12/09

Invisible

Se algo lle agradezo a Paul Auster, autor de Invisible, a miña última lectura, é que escriba ben e que non empregue para demostralo máis de 500 páxinas, como adoita suceder hoxe en día. Porque resulta descorazonador entrar nunha libraría para mercar un libro e comprobar que, como mínimo, ten 400 páxinas. Iso, cun pouco de sorte. Supoño que xa me estou parecendo ao alumnado ao falar disto, pero cando hai pouco tempo e moitas ganas de pórse ao día, isto é o que ocorre. Non vos fixastes en que ultimamente todos os libros son "enormes"???
Unha vez máis, non defrauda Auster neste libro. Din que é o mellor del, algo co que non concordo (tantos libros marabillosos!), pero si me gustou máis que os seus últimos publicados. Xogo de narradores, de tempos, de puntos de vista, d de intrigas... cunha sexualidade máis explícita ca nunca, Invisible lévanos dun lugar a outro mentres observamos como o azar -ou non- reelabora o futuro do protagonista, mentres filosofamos sobre o destino, a culpa, o desexo, o amor, a violencia, o engano...
Aquí tedes o primeiro capítulo.
E a miña recomendación. Por suposto.

Granta Paul Auster Interview from Granta magazine on Vimeo.


2 comentarios:

Ernesto dixo...

Rematei hai un momento Invisible en galego. E un libro de 6; e claro que non é o mellor de Auster!

Gustoume moito a foto da capa.....e a coidada edición que Editorial Galaxia fixo.

Ronsel dixo...

non sei se exactamente de 6, pero ten outros de 9 ou de 10, desde logo.
Claro, Ernesto, Galaxia sempre fai coidadas edicións. De sobra sabido!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.