Gustoume moito este libro de Maggie O'Farrell: La extraña desaparición de Esme Lennox, editado, como non, por Salamandra. Un libro que nos fala das irreparables e tristes consecuencias das convencións sociais escrita cunha sensibilidade extraordinaria, cun final que deixa aberta a fiestra do noso maxín, cuns saltos continuos de tempo, de voces e personaxes que nos mantén alerta en cada momento, que nos permite ir reconstruíndo a historia mentres nos percatamos da inxustiza que impera, mentres nos imos achegando máis a esa Esme enigmática que volve ao mundo sesenta anos despois e recompoñemos o puzzle que a autora nos brinda intelixentemente.
Un mundo odiado, triste, voraz, ábrese camiño entre as páxinas da lembranza contrapoñéndoo co mundo actual, máis libre pero non feliz, onde o amor, o sexo, e mesmo as conveniencias sociais están presentes.
Un libro que vos recomendo, cheo de matices e segredos que poderemos ir desvelando mentres nos horrorizamos co destino infrahumano daqueles que non puideron nin quixeron fuxir ao feito de seren diferentes. Unha reflexión espléndida sobre a tolemia, a rareza, a reclusión, a vellice.

_ ¿Sabes lo que pone aquí? Que antes cualquiera podía meter a su hija o a su mujer en un manicomio sólo con la firma de un médico de cabecera.
_Iris...
_Imagínate. Podías librarte de tu esposa si te hartabas de ella. O de tu hija si no te obedecía.
5 comentarios:
Cos mellores desexos para que o vindeiro 2010 sexa realmente un bo ano. Saúdos
Merqueino este nadal seguindo a túa recomendación, tamén Almas grises de Claudel, tamén Arrugas, tamén Persépolis, tamén a Soidade dos n.p., tamén Los cuatro rios. E regalei La tercera virgen.......para que te queixes!!
Non te queixes ti, que eu recoméndoche ben. Ou non che gustou o que leches grazas a min?
Bicos, ghuapismo
Xa o lin, tardei sete días en ler as 70 primeiras páxinas e un cachiño de noite en rematar as 140 seguintes.
Pareceume que Maggie O´Farrel ten un aire Anxos Sumai(no estilo).
Seguro que pronto o levan ó cine.
Grande recomendación, coma sempre!!
Agora estou coa reflexión profunda e a sensibilidade de Dan Brown....voume comentar a outro blog.
Home, aquí non chegamas ás profundidades da escrita de Dan Brown... terás que perdoar. Pero non creas, os outros libros si que os lin. Pero teño moito bo para ler para perder o tempo con ese amigo teu...
Publicar un comentario