Rematei o libro con bágoas nos ollos. O amor, a guerra, a madurez, o rancor, a soidade, a amizade, a violencia, o extremismo, a opresión... todos os sentimentos teñen cabida neste fermoso libro mentres contemplamos (e aprendemos) a historia de Arxelia, o colonialismo e a independencia. Pero que non podes agardar dun título tan fermoso? Lo que el día debe a la noche de Yasmina Khadra engancha desde a primeira ata a última liña sen esmorecer un só parágrafo. É un libro conmovedor e melancólico, ben contado, que mantén o interese do lector en todo momento, envolvéndoo coas súas imaxes precisas.
Lo que el día debe a la noche é un relato que segue paralelo dúas historias, a do protagonista e a do seu país, nunha dobre relación de amor e confusión pola súa natureza e a súa educación. Porque a vida é complexa, así serán os acontecementos que viviremos no libro da man dun despistado Younes, ou Jonás, desde os anos 30 até a actualidade, nun país convulso onde mesmo ten cabida a emigración española, as festas e a tauromaquia, nun país que se desgarra como o propio protagonista.
Unha historia que cativa. Un autor -ollo! autor, que non autora, que debemos ter en conta.
Unha historia que cativa. Un autor -ollo! autor, que non autora, que debemos ter en conta.
2 comentarios:
Apunto este título, porque es Biblioarzúa somos uns cantos os que seguimos a este autor.
Grazas Oki pola visita. Si, é un autor que hai que seguir. Descubrino grazas a "la Paramio", como moitos outros...
Saúdos
Publicar un comentario