Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/12/09

Marcha pola Liberdade de Gaza

Chega ao meu correo grazas a Pilar. E chega en galego e en catalán. Déixovos as dúas, por Montse, que sempre está aí, para o meu particular orgullo.

Un grupo de persoas de todo o mundo está intentando levar adiante unha marcha pola liberdade de Gaza. Dunnha das participantes, catalana, chegounos o correo que copiamos a seguir (ao final vai a tradución ao galego)

Viva Palestina!

27 de desembre El Caire.

Us escric des d'El Caire.
Com imagino que ja sabeu, el govern egipci ha prohibit la Marxa per la llibertat de Gaza. Ara mateix ens trobem amb més de mil persones al Caire totalment controlades per la policia. Aquest matí a les 11 s'ha aconseguit penjar cartulines al llarg d'un dels ponts que creuen el Nil. Hem pogut aguantar unes dues hores fins que la policia ens ha fet fora sense violència i nosaltres lentament hem anat marxant.

Han hagut companys retinguts durant algunes hores per la policia egipcia (espanyols, catalans, francesos, japonesa, americans, anglesos). Però ara ja els han deixat anar. Aquestes persones són les que han marxat primer capa a El Arish per creuar la frontera de Rafah. En aquests moments esperen que arribem la resta (o els que puguem) per continuar camí de Gaza.
En aquests moments hi ha un grup d'internacionals que fan una encessa d'espelmes a un parc que hi ha al costat del riu. Està ple de policia però de moment, deixen fer. A les 19,30 tenim una reunió per veure què fem demà.
Si podeu divulgar la informació, és una bona manera d'ajudar-nos en el nostre propòsit. I si les coses anessin més lluny, instàncies oficials i mitjans de comunicació haurien de posar-se en marxa. Ens ha arribat que a Catalunya ràdio es transmet informació de la marxa.
Per una altra banda, Hedy Epstein, una dona de 85 anys i supervivent de l'holocaust, iniciarà una vaga de fam si no es permet la marxa.
Petons.

Escríbovos desde O Cairo.

Como imaxino que xa sabedes, o goberno exipcio prohibiu a Marcha pola liberdade de Gaza. Neste momento estamos máis de mil persoas no Cairo totalmente controladas pola policía. Esta mañá ás 11 acordamos pendurar carteis ao longo dun dos puntos que cruzan o Nilo. Puidemos aguantar unhas dúas horas ata que a policía nos botou fóra sen violencia e nós lentamente fomos marchando.
Houbo compañeiros retidos durante algunhas horas pola policía exipcia (españois, cataláns, franceses, xaponeses, americanos, ingleses). Pero xa os deixaron saír. Nestes momentos esperamos que chegue o resto (ou os que poidan) para continuar camiño de Gaza.
Nestes momentos hai un grupo de internacionais que acenden velas nun parque que hai á beira do río. Está cheo de policía pero, de momento, deixan facer. Ás 19,30 temos unha reunión para ver que facemos mañá.
Se podedes divulgar a información, é unha boa maneira de axudarnos no noso propósito. E se as cousas chegasen máis lonxe, instancias oficiais e medios de comunicación deberían poñer
se en marcha. Chegounos que Catalunya radio transmite información da marcha.
Por outra banda, Hedy Epstei, unha muller de 85 anos sobrevivinte do holocausto, iniciará unha folga de fame se non se permite a marcha.
Bicos.


Para que saibades de que vai isto:

A Marcha pola Liberdade iniciouse hai meses co obxectivo de romper o asedio a Gaza. Máis de 1400 delegad@s de máis de 43 países coordináronse para chegar a Gaza e participar na marcha que terá lugar o 31 de Decembro desde múltiples direccións; desde Israel, Cisjordania e Gaza todos en dirección ata Eretz, reclamando a fin do asedio que oprime e mata a máis de un millón e medio de palestin@s vítimas da operación realizada por Israel hai agora un ano. A miseria, depresión e urxencia de accións mundiais son agora máis necesarias ca nunca.
O Goberno exipcio impediu a realización de ningunha das actividades que foran previamente acordadas.

Así está a situación.

Máis información aquí: marcha por Gaza libre e aquí.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.