Un conto fermoso, un libro que fala de libros, unhas ilustracións espléndidas. Así é Marta ten a solución de Ana María Fernández, ilustrado por Patricia Castelao. Sinxelo e profundo, cóntanos como un escritor quere contar unha historia inmortal e para iso busca un personaxe que o satisfaga... e non o atopa. Pero a nena Marta sabe que a inmortalidade está nos libros e leva ao narrador a... unha biblioteca! Alí demostraralle que nos ollos dos lectores radica a inmortalidade das historias, porque cada unha delas revive e reivéntase en cada persoa que volve ler un mesmo libro.
-Cando abrimos un libro os personaxes que están adormecidos no seu interior espertan e volven contar a súa historia unha e outra vez sen se cansaren nunca.
-Non entendo o que me queres explicar.
-Pensa no personaxe de Carapuchiña Vermella, no do Lobo, no do Gato con Botas... Cres que morrerán algunha vez? Ningún protagonista dun conto morrerá se ten lectores que o lean. Entendes agora o que trato de explicar?
-Coido que tes toda a razón. Estou perdendo o tempo en escoller un protagonista inmortal e non existe...
-Pero si existen historias inmortais. Debes inventar unha fermosa historia e seguro que nunca morrerán os seus protagonistas.

Sen comentarios
Publicar un comentario