De cando en vez, un chute de novela negra.
Harlan Coben, autor que veño de descubrir con este libro, escribe Ni una palabra cun ritmo trepidante que fai que o libro sexa devorado en pouco tempo. Cuns policías que acaban sendo, case, o menos importante da trama e da súa resolución, varios problemas se mesturan durante todas as súas páxinas para confluíren case todos eles cara ao final e darlle un sentido común á súa resolución. Interesante resulta que este autor sitúe a trama nun barrio acomododado da cidade, onde a "xente ben" tamén sofre, padece e protagoniza todo tipo de conflitos.

Neste libro plantéxase a difícil -inquietante- relación dos pais cos fillos adolescentes, da ética da conveniencia do control esaxerado e sen límites, da espionaxe mesmo, do diálogo... e arredor deste conflito inicial, base de toda a novela e fío condutor da mesma, asasinatos, violacións, divorcios... baixo un ritmo trepidante. Ata páxinas de denuncia de sexismo cando se plantexa o conflito entra a recén nomeada xefa dos policías cun subordinado que se cre vítima da discriminación positiva.
Un novo nome na miña xa longa lista de autores de novela negra que hai que repetir.

Sen comentarios
Publicar un comentario