Stefan Zweig introdúcenos con Novela de xadrez nunha nova visión do horror nazi cun personaxe obsesionado e obsesivo polo xadrez, nunha lección literaria de apenas 100 páxinas deste autor que nos ten deixado, quizais, das mellores páxinas da literatura universal. Un libro que demostra, unha vez máis, que o autor é un mestre da palabra e que mereceu ser eloxiado por relatos coma este: unha narración que engancha desde a primeira ata a última liña (menos mal que é curta e podemos permitirnos ese luxo!) e na que te mergullas sen opción a pensar máis que en que queres profundizar na psicoloxía dos personaxes, porque son a clave de todo canto pode acontecer. O máis revelador é que a novela comeza sen dar importancia ao que logo descubriremos: a historia de supervivencia aos horrores do nazismo grazas a unha obsesión compulsiva como único medio de salvación, aínda a costa da autodestrución.
Nada que facer, nada que oír, nada que observar; o contorno da nada, o baleiro total, sen epazo e sen tempo. Unha e outra vez, arriba e abaixo.
Nada que facer, nada que oír, nada que observar; o contorno da nada, o baleiro total, sen epazo e sen tempo. Unha e outra vez, arriba e abaixo.
4 comentarios:
Ha valido la pena recuperar a Zweig, como a Márai y a otros escritores centroeuropeos que ejercieron su maestría literaria. Esta obra, en concreto, me parece sencillamente extraordinaria.
Totalmente de acuerdo. Muchas gracias por tu visita y tu comentario.
Concordo. Con todo facédeme un favor: buscádeme axiña a tradución ao galego, que non andamos sobros de traducións. Disimulade, pero creo que me ben aceptades este pequeno reproche. Va que si?
Valeeeeeeeeee. Non tiña nin idea de que a había en galego. Cando ma prestaron no instituto, nin mirei, a verdade. Grazas polo reproche!.
Publicar un comentario