Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/12/09

Poemas a la Luna

Este non é un álbum ilustrado máis: é un libro enormeeeeeeeee -do mesmo tamaño que Carta a un hijo, por se o coñecedes- que contén unhas marabillosas ilustracións con doce poemas á Lúa, na súa lingua orixinaria e traducidos ao castelán. Xa só a ilustración da portada impresiona. Quen é o autor destas ilustracións de Poemas a la Luna? Gianni De Conno, quen fai a súa particular homenaxe á lúa con este extraordinario álbum que pode ser un achegamento á poesía moi interesante para os primeiros lectores. Unha homenaxe á arte poética en palabra e en imaxe

Cuando sale la luna
se pierden las campanas
y aparecen las sendas impenetrables.

Cuando sale la luna,
el mar cubre la tierra
y el corazón se siente
isla en el infinito.

Nadie come naranjas
bajo la luna llena.
Es preciso comer
fruta verde y helada.

Cuando sale la luna
de cien rostros iguales,
la moneda de plata
solloza en el bolsillo.

García Lorca


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.