Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/12/09

A Soidade de Susana

A que sempre será unha das miñas lectoras preferidas, a miña nena, aínda que este ano non estea nas miñas aulas, Susana Cumbraos, mándanos a súa reflexión tras a lectura de La Soledad de los números primos, un libro do que xa falamos aquí hai un tempo.
Moitas grazas, Susana. Xa sabes que esta porta sempre está aberta para ti.

Estou acostumada a ler libros nos que o protagonista se capte nas primeiras páxinas.... a que sexa alguén, ou ben, algo material... pero nesta ocasión non é así! Senón que o protagonista, pese a estar presente en todas as páxinas do libro, non é unha persona física, ou para min non o é. Para min a verdadeira protagonista da historia é a soidade que rodea aos personaxes do libro. Esa que fai posible a esencia deste.
Pois ben. Para min ler este libro foi como adentrarme un pouco en min mesma; por iso o quero recomendar. Porque creo encarecidamente que vale para todo tipo de persoas. Porque no fondo todos nos sentimos sós e incompredidos algunha vez. Porque nada é o que parece en nós e moitas veces o que as persoas extraen de nós é só fachada... Porque todos temos algo oculto que non damos rebelado no noso interior! Por todo iso penso que "La soledad de los Números Primos" paga a pena.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Grazas a ti por estar aí...

Anxinho dixo...

Lin este libro nunha época complicada na miña vida.
Non podo estar máis de acordo coa opinión de Susana.

Ernesto dixo...

Ola Susana; viña de mercar o libro e vin o teu comentario, vaia casualidade!

Leereino con máis motivo!

Feliz 2010.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.