Pascal Mercier, autor de Tren nocturno a Lisboa, métenos de cheo na reflexión filósofa do valor da palabra, da amizade, do amor, do orgullo, do egoísmo, da sooidade, da alma, da loita interna dun individuo extraordinario... ou de máis de un, en realidade. De fermosa e lenta lectura, este libro é unha homenaxe á boa literatura e á reflexión existencial cunha testemuña de excepción que o enche de romanticismo: a vía ferroviaria, Lisboa e o doce idioma portugués.
A novela constitúese como unha novela de autodescubrimento e exploración dun memos, deleitándose nas súas páxinas entre a historia recente de Portugal e a intimidade dos personaxes. A transformación do personaxe principal, Gregorius, podería lembrarnos á Metamorfose de Kafka, polo que ten de confusión na súa propia identidade, polas reflexións que van desencadeando e entorpecendo a súa anterior vida. E así, nesta nova vida que vai tecendo en Lisboa, faranos partícipes de personaxes diferentes, auténticos, conmovedores, apaixoantes.
Así pois, esta lectura acaba sendo unha viaxe interior a nós mesmos, con todas as dúbidas e expectativas que as nosas propias vidas nos ofrecen, e máis que nada, dese anceio de vida que teme á morte como o noso destino final.
De telón de fondo continuo, a importancia da palabra, da literatura, da lingua, do pracer da lectura e da sabedoría. Por que non identificarnos e confundírmonos co que lemos?

2 comentarios:
Eu lino hai dous veráns,non sabía que estaba aquí, e unha gozada de libro encantoume, este libro hai que tratalo con moito cariño; ó teu ritmo seguro que xa non te lembras del.
Voute subir dous postos por telo lido.
Pero non me atrevo a recomendarllo a ninguén.
E xa non miro máis.
Caramba, que nivelón, Ernesto. Non sabía que lías libros tan profundos!!! voute subir tres postos grazas a este notición!
Publicar un comentario