Non, claro, non vos vou falar deste libro: tod@s o coñecedes. Pero si vos vou falar dunha edición deste libro da que quizais non tedes noticia e paga a pena: un pop-up da editorial Kókinos que a converte nunha auténtica pasada. Espectacular. Unha auténtica marabilla: algúns elementos móvense, hai algún xogo, os despregabes son incribles, as ilustracións fermosísimas... Cando o vexades, quedaredes pampos, en serio. Esta versión é de Robert Sabuda, un enxeñeiro do papal moi famoso na arte dos pop-up: din que é a súa obra máis espectacular.
Déixovos unha mostra, pero todas as páxinas son sorprendentes.
Non vos preocupedes porque xa pasaron os Reis: é un bo agasallo en calquera ocasión.
Todo sobre Alicia: www.laurenharman.com/alice/
Non vos preocupedes porque xa pasaron os Reis: é un bo agasallo en calquera ocasión.
Todo sobre Alicia: www.laurenharman.com/alice/
2 comentarios:
OH,OH! Precioso.
De verdade que o é: unha marabillosa obra de arte.
Bicos, querida amiga
Publicar un comentario