Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/01/10

El camino difícil

Unha nova descuberta en canto á novela negra se refire: El camino difícil de Lee Child, co seu detective cazahomes Jack Reacher -parece ser que o comparan con Harry el Sucio-.
Adictiva e intensa resulta a súa lectura, tanto que a devoras igual que se estiveses vendo unha película, sobre todo as súas últimas 100 páxinas: describe a acción de tal xeito que podes vela sen moito exercicio de imaxinación; as palabras envolven as imaxes e as páxinas converténse en fotogramas. Deses libros que tan pronto comezas non podes deixar, ideais para esquecer o mundo darredor e para descansar doutras lecturas máis "serias". É trepidante, do mellor deste xénero.
Xa sabedes que nunca falo do argumento: para iso están as contracapas. Pero se vos gusta a novela negra, se vos ocorre coma a min que de cando en vez necesito un "chute" deste tipo de lecturas, lembrade este escritor. Non é nórdico, nin falta que fai.
E é que resulta que esta colección de RBA Serie Negra está dando moito de si.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.