Esta lingua non quere vivir na favela
porque é lingua lume, lanterna e faro
que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.
Esta lingua non quere ser suburbio
porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos
na parte de atrás
incluso
no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian a nosa tribo.
Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña
porque está feita á man cos alicerces mansos da xente boa
na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos
as mesmas feras que agora volven
famentas de vinganza
dende o máis escuro das súas escuras covas.
Esta lingua quere ser música
acubillo, calma mol, circunstancia feliz.
Poderedes metela na favela
condeala ao suburbio
Francisco Castro
Vía
2 comentarios:
Moitas grazas por facervos eco do meu poema. Un saúdo intenso. En galego.
Grazas a ti, por escribilo e pola defensa da lingua
Publicar un comentario