Desde O recanto de Mik chéganos este interesante vídeo que dá moito de si para reflexionar. E no Segrel do Penedo profundizaron sobre o tema:
No ano 1939 o Dr. Kenneth Clark iniciou un estudo para comprobar o concepto que de si mesmos tiñan as nenas e os nenos negr@s de EEUU. Este histórico estudo, que demostrou a baixa autoestima que tiñan moitos deles, foi un gran paso cara a acabar coa segregación nas escolas estadounidenses. Kiri Davis, unha estudante de Harlem de 17 anos, repetiu este famoso experimento da moneca na súa curta " A girl like me" (2005) e os resultados non parecen terse modificado moito.
Grazas a ambas
Sen comentarios
Publicar un comentario