Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/01/10

Frente a frente

Non se pode negar que Bunbury é un deses artistas que xeran odio e admiración por partes iguais, e tamén sei que sabedes ben que me sitúo no lado dos admiradores deste home e da súa extraordinaria capacidade de reinventarse a si mesmo tras cada disco.
Onte á noitiña descubrín o adianto do seu próximo disco: unha, ao meu xuízo, extraordinaria versión do tema Frente a frente que popularizara Jeanette e cuxo vídeo clip foi dirixido por Juan Antonio Bayona, director de El Orfanato.
Déixovos o orixinal e a versión para que as disfrutedes, mentres eu sigo contando os días ata que se publique o seu novo disco: Las confidencias.


5 comentarios:

Ronsel dixo...

e eu mandeicho por se non o sabías! Ilusa de min!

Ronsel dixo...

Por certo, encántame a canción... e a versión. Tarda o disco, non?

ERNESTO dixo...

Moito mellor Jeanette, eu tiña o disco "Corazón de Poeta" que é onde está esta canción....intensísimo!!

A que sae ó final é ela, non?

Que contento quedei de volver escoitala!!

Pasade de Bumburi.

Anxinho dixo...

Ernesto, Ernesto...

A que sae ao final si que é ela e alégrome que lembrases épocas pasadas, pero iso de pasar de incitar a pasar de Bunbury... Ímonos levar ben! hehehe

Unha aperta!

Ronsel dixo...

Ernesto: non sabes onde te metiches! Anxo cre en deus: Bunbury! E xa é maiorciño para cambiar de relixión...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.