Eu fáloa porque si
Eu fáloa porque si, porque me gusta.
Eu quéroa porque si, porque me mola.
Eu quéroa porque é parte de min.
Eu quéroa porque é miña, e chega.
Eu síntoa miña porque me criou desde pequeño.
Eu respéctoa porque son as miñas raíces.
Eu elíxoa porque si, porque vale a pena.
Eu fáloa porque me sae pola boca.
Eu aloumíñoa porque me fai máis feliz.
Porque me dá a vida.
Porque me fai soñar.
Eu seméntoa para que se multiplique.
Eu régoa para que non se murche.
Eu sóñoa para que a abale a lúa.
Eu cántoa para que o vento a zoe.
Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.
Eu esquézoa para lembrala unha e outra vez.
Porque grazas a ela podo escribir estas palabras.
3 comentarios:
Hai que ver o que gaña esa versión!!! E tanta xente manifestándose sen comprender as vantaxes que traerá a posta en práctica do decretazo...
Iso é que é didáctica!
Abrazo
Si, si, eses ignorantes manifestándose... ningún deles sabe ningún outro idioma agás o galego. Non poden saír polo mundo adiante nin culturizarse. Unha vergoña!
Apertas, María. Grazas pola visita
Mui bo o poema falado !.
Publicar un comentario