Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/01/10

A miña planta de laranxa lima

Cheo de lembranzas, un libro marabilloso para todas as idades que hai que ler nalgún momento da vida: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, publicado pola editorial Primerapersona. Iso si, cun pano ao voso carón, non coñezo a case ninguén que sexa capaz de reprimir as bágoas.
Cando llo levei por primeira vez ao Departamento, leuno a miña querida Teresa. Cando mo volveu, prohibiumo ler. Sempre desexa evitar que eu sufra! E daquela obedecín, claro. Pero como non lelo? Si, efectivamente, o libro é dunha tristura inconmensurábel. Pero, tan sumamente tenro...
Foi o último libro proposto no club de lectura. Pero, curiosamente, acabouno lendo medio instituto. Sobre todo, gran parte do profesorado. Un boca a boca que funcionou sen case a miña intervención. Do Departamento de Galego ao de Español, deste ao de Inglés, de aquí ao de Historia, Música... Todo un éxito!
Seguramente a maior parte de vós xa o coñecedes. Se non o lestes aínda, non tardedes moito, é unha auténtica fermosura. Dá igual os anos que teñas, podes lelo con dez ou con oitenta: vaiche gustar. O contario é impensábel. Ou imposíbel.

7 comentarios:

A Marela Tarabela dixo...

Que é iso de chorar? Sufrir? É un libro para reflexionar: Cal é o valor da vida dun neno en cada un dos mundos que enchen este noso Planeta?
Por certo, este é, de longo, o libro máis prestado da nosa biblioteca. Supera os 200 préstamos.

Ronsel dixo...

Non me estraña que sexa o máis prestado... sen contar que eu che levei todas as existencias! Perdoa! Pero no meu cole xa ves que foi todo un éxito!!!
E si que dá para reflexionar: imáxinate nun club de lectura!
Bicos

Oshidori dixo...

Creo que necesito lelo outra vez.
Lembro que o rematei no medio dunha clase de galego mentras a profesora (que se facía a despistada) non me facía moito caso (coma sempre).
xD

Ronsel dixo...

Mmmm... Imposible! Carme Ares sen facerche caso? Mañá, que imos de comerota, tirareille das orellas!
Como é que poñedes vós o sorriso? Así?: xD
Pois iso: xDxDxDxDxD
Bicos ghrandes coma mundos!

Anónimo dixo...

Non me lembro ao cen por cen de toda a historia, pero ENCANTARAMEEEEEEEE!!!

Un bico.

Oshi dixo...

Referíame a ti
jaja
Ti sen facerme caso? Puuff...imposible eeh...

Ronsel dixo...

Xa sei que te referías a min, parviola! Pero bueno, xa te esqueciches da miña retranca???
E xa sabes que eu SEMPRE che fago caso: é o que ten o cariño.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.